Personalizando ubuntu: ubuntu tweak

De seguro que a moitos dos nosos lectores gustaríalle mudar o aspecto gráfico da súa distribución Ubuntu sen necesidad de usar o terminal ou g2conf.

Ubuntu Tweak permite mudar o aspecto gráfico, disposición dos iconos e un sin fin de cousas a golpe de rato.

[ Instalando tweak via Gdebi]

Entre todas as características de Tweak podemos destacar:

  • Mostra información básica do sistema
  • Control da "Gnome Session"
  • Configuración dos programas a executar no inicio de sesión
  • Instalación rápida de aplicacións populares.

[ Tweak funcionando nunha Linux Mint 9.0]

Se queres descargar a aplicación podes visitar a páxina web do proxecto: http://ubuntu-tweak.com