Publicación proxecto arredordorural.org

O pasado 26 de Novembro presentouse o proxecto arredordorural.org , un sitio web que forma parte do proxecto Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural no que Asociación Comunidade O Zulo colabora no eido tecnolóxico relativo a desenvolvemento web.

A Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural é unha iniciativa do GI-ESCULCA da USC e a Asociación Avoar que busca contruir pontes entre institucións de ensino formal e colectivos sociais de base do medio rural a través da aprendizaxe-servizo como ferramenta fundamental.

Seguindo a premisa de que estamos nun momento histórico de crise ecosocial ou incluso preto do colapso, a comunidade comeza a construirse coa visión de que as contornas rurais son o claro lugar de oportunidades para construir modelos de vida e de xestión dos recursos realmente sustentable, tanto a nivel de coñecementos comunitarios históricamente acumulados para soster, como tamén respecto a sociedades sinxelas e a pequena escala que eviten o productivismo e o expolio.

Atópanse así as necesidades de que o sistema de ensino se axeite, da man destes saberes, ás urxentes necesidades sociais e ambientais, así como visibilice para as persoas que se están formando posibles proxectos de futuro no medio rural.

Como ferramenta principal, o portal web arredordorural.org permite a búsqueda mutua entre colectivos sociais e profesorado para buscar con quen desenvolver proxectos que encaixen materias educativas e necesidades sociais, así como visibilizar os proxectos e coñecementos que deles emerxen para fomentar a creación de novas ideas.

Por parte da asociación, dirixiu a parte técnica Alberto Permuy. Desde GI-ESCULCA e Avoar David García Romero dirixiu a integración de contidos e a definición funcional do proxecto.

David é licenciado en psicoloxía en master e doutorado en Psicoloxía da Educación. Actualmente é investigador posdoutural no GI-ESCULCA da USC grazas a unha axuda Juan de la Cierva-Formación do Ministerio de Ciencia e Universidades. A súa labor vincúlase co seu traballo asociativo na asociación Avoar e segue líneas de integración entre a universidade e a participación social con estratexias como a investigación-acción e a aprendizaxe-servizo.Desta maneira, a comunidade implica unha rede de profesorado e colectivos do medio rural que construen proxectos nos cales os estudantes desenvolven as aprendizaxes obxectivo mentres participan cos colectivos nas súas achegas sociais ou ambientais.