Un ano máis, a Asociación Comunidade O Zulo en colaboración con GALPon, celebrará o "Día da liberdade do software" o vindeiro sábado 21 de setembro de 2013, ás 12:00 na Casa da Cultura do Concello de Mugardos
O día da liberdade do software é unha celebración global do software libre e aberto. A meta desta celebración é educar ao público en xeral sobre os beneficios de usar software libre de calidade na educación, nos gobernos, nos noso fogares e nos negocios. A organización sen arela de lucro "Software Freedom International" coordina esta celebración a nivel global dando soporte e puntos de colaboración ao evento, pero son realmente os voluntarios e os asistentes os que axudan a que esta celebración teña impacto nas comunidades.
Coincidindo coa celebración do "X Ciberencontro Concello de Mugardos - Kernel 2013", o SFD 2013 contará coa seguinte programación:
12:00 Presentación do evento
12:05 Presentación sistema operativo PicarOS - Miguel Bouzada
12:40 Relatorio introdución a Git - Jesús Amieiro
13:15 Relatorio MongoDB - Sergio Iglesias