Onte reuníuse a xunta directiva e acordamos as distribucións Linux que imos distribuir no eido das VII Xornadas de Software Libre do Concello de Mugardos. Como ven sendo habitual, non faltará Ubuntu 10.04. Este ano tamén entregaremos Fedora 13 e Clonezilla.
Clonezilla é unha aplicación libre de recuperación de desastres, que pode utilizarse tanto para a clonación de discos como particións. Deseñado por Steven Shaiu, ofrece prestacións moi similares a Norton Ghost Corporate Edtion.
Clonezilla Live permite aos usuarios clonar unha máquina individual, partición ou disco duro e logo almacenarse noutro medio. A clonación pódese gardar coma un arquivo de imaxe ou unha copia exacta dos datos. Se o usuario opta pola segunda opción, pode almacenalos vía SSH,samba ou coma recurso compartido via NFS e logo restauralos nunha data posterior. Clonezilla pódese executar dende unha chave USB ou dende un CD/DVD.Na súa versión server, utiĺízase para clonar moitas computadoras ó mesmo tempo a través dunha rede.
Fedora é unha distribución Linux basada en RPM mantida por unha comunidade internacional de enxeñeiros, deseñadores e usuarios que informan e corrixen os erros. Conta co respaldo e a promoción de Red Hat, unha das distribucións Linux pioneiras.
O proxecto no busca so incluir sw libre e de código aberto, senón ser líder no ámbito tecnolóxico.Como dato curioso sinalar que desenvolvedores de Fedora prefiren facer os cambios no código fonte orixinal en lugar de aplicar parches específicos para a distribución.
A última versión é a Fedora 13, liberada o 25 de maio de 2010.