[ Imaxe de Lucía Santiago ]
Data: Sábado 26 de Novembro de 2022
Ubicacións: Mercado de San Telmo e Museo Caldoval
Presentamos o primeiro evento de patrimonio (in)visible no Concello de Mugardos. Unha xornada de coñecemento aberto para compartir e descubrir aqueles sentimentos, lembranzas e lugares que xa non atopamos nos mapas!
Quenda de mañá - Mercado de San Telmo
De 11.00 a 14.00 horas
Achégate e participa nun evento de "mapeo" colectivo e participativo, no que pretendemos "pintar" nun mapa aquelas zonas que son especiais para vos, aquela árbore na que recollías as mazas, aquel regato no que lavaban a roupa...queremos mapear sentimentos!
Cando remate o evento, sobre as 14.00 horas, publicaremos nun mapa interactivo libre as vosas aportacións que quedaran publicadas na rede.
Xente de Meá, amigas de Franza, compañeiros do Seixo e veciñas de San Xulián: contamos coa vosa presenza nesta xornada!
A PARTIRES DAS 13.00 HORAS SESIÓN VERMÚ E PETISCOS!
NON É NECESARIA INSCRICIÓN - ENTRADA DE BALDE
Quenda de tarde - Museo Caldoval
17:00 - Visita guiada ó museo
17:45 - Relatorio "O noso patrimonio" - Miguel Rodríguez Vázquez
18:30 - Mesa redonda "Experiencia de catalogación libre do patrimonio"
- Lucía Santiago Sanmiguel - obaixoulla.gal
- Rafael Gaioso - abeancos.gal
- Juan Fernández e Alberto Permuy - aculturadaauga.org