Ciberencontro Kernel 2004

 
 

 

Despois das Primeiras Xornadas de Software Libre celebradas no Concello de Mugardos, a Comunidade Linux O Zulo, representada por Alberto e Pablo; xunto coa Concellaría de Mocidade organizan o KERNEL 2004 na Casa da Cultura.

O seu desenvolvemento nos achegará as novas tecnoloxías da comunicación, coñecementos de ferramentas informáticas e a compartir unha experiencia persoal común.

REQUISITOS

Os participantes terán que dispoñer de:

  • Traer o seu proprio PC.

  • Unha tarxeta de rede.

  • Unha regla de enchufes.

  • Auriculares, non se permite o uso de altavoces.

INSTALACIÓNS

  • O número de postos será de 26.

  • Instalaranse dous servidores de rede:

    • Sistema operativo Linux.

    • Sistema operativo Windows.

  • Existirá unha rede local con conexión a Internet.

  • A partir das 4:00 haberá algo quente que beber e algo de comer.

  • 100% libre de virus

Datas de celebración
24 e 25 de Setembro de 2004
Participantes
26
Patrocinadores
Electrónica Galicia (EGA)
Conexión a Internet
1 ADSL 3Mbps da Deputación con proxy
Arquivo
Programa
  • 22:00 a 23:00 - Recepción e rexistro de entrada.

  • 23:00 a 23:30 - Presentación Kernel 2004, restricciones, y web do Ciberencontro.

  • 23:30 - Macropartida de Xogos en Rede: Age of Empires II e Quake III.

                      - Curso de Montaxes Audiovisuais.

  • 2:00 a 3:00 - Documentales: Código Linux

  • 3:00 - Iniciación ó control remoto de Pcs.

  • 5:00 - Redes domésticas básicas: Cómo conectar dous equipos con saída á Internet.

                    - Apertura da conexión á Internet.

  • 6:00 - Concurso: Retos de Seguridade. Descubre a mensaxe oculta na carpeta dos servidores windows e Linux Engarde.

  • 6:00 a 7:00 - Documentales: Hacktivistas da Rede.

  • 8:00 - Montaxes Audiovisuais - Repetición.

  • 9:30 - Foto de familia.

  • 10:00 - Desmontaxe e rexistro de saída

 

DURANTE TODA A NOITE:

  • Chateo interno IRC

  • Foro kernel 2004

  • Ftp para descargas compartidas.

  • Xogos en rede