Ciberencontro Kernel 2013

É un pracer confirmar que os días 19,20,21 e 22 setembro de 2012 celebraremos o décimo aniversario do "Ciberencontro Concello de Mugardos - Kernel 2013"

Hoxe vernes, Pablo Robatto, vicepresidente da Asociación Comunidade O Zulo reuniuse co responsable da Concellería de Cultura e confirmaron, un ano máis o apoio do Concello de Mugardos á celebración do evento técnolóxico por excelencia da comarca de Ferrolterra.

O vindeiro 1 de Xullo abriranse as incricións ao décimo aniversario do Kernel neste mesmo sitio web. A directiva, un ano, máis deicidiu manter os prezos da inscrición: 8€ para socio/as da Comunidade e 10€ para o público en xeral.

Confirmamos, un ano máis, a participación da asociación no "Software Freedom Day" o vindeiro 21 de setembro.

Datas de celebración
20, 21 e 22 de Setembro de 2013
Participantes
71
Patrocinadores
Codery, Tapería Plaza, ZonaPc, Pub O Trope, Pescadería Rosa, Mar de Lucía, Calsomatu, Galpon, César Pena, Ada Formación
Conexión a Internet
Sen definir ou 5x ADSL 3Mbps
Arquivo
Programa

Xoves 19 setembro

  • 17:00 horas. Apertura da décima edición do Kernel
  • 19:00 horas. Inicio do "Concurso Fotografía Kernel 2013"
  • 21:00 horas. Cine libre: "El cosmonauta"
  • 23:00 horas. "Campionato aberto OpenArena" 

Venres 20 setembro

  • 14:00 horas. Comida libre
  • 19:00 horas. Taller de iniciación a Arduino.
  • 22:30 horas. Cine libre.

Sábado 21 setembro

  • 12:00 horas. Software Freedom Day 2013
  • 16:30 horas. Raspberry Party
  • 18:00 horas. Ciberolimpiada
  • 22:00 horas. Laconada "PorkoByte"
  • 23:59 horas. III Rock No Trope

Domingo 22 setembro

  • 12:00 horas . Entrega premios concursos.
  • 17:00 horas. Clausura da décima edición do Kernel 2013.