Ciberencontro Kernel 2010

«O kernel 2010 xa está eiquí»

O maior evento socio tecnolóxico de Ferrolterra comeza mañá, na Casa da Cultura
do Concello de Mugardos. Con horario ininterrumpido dende o xoves 16 de
setembro ás 18:00 ata o domingo 19 de setembro á 17:00.

Historia do Ciberencontro máis entrañábel de Galiza contada
polos seus protagonistas
A historia do Kernel, remóntase a outubro de 2003 cando Alberto e Evaristo tras
unhas charlas e algúns cafés deciden facer as Xornadas de Software Libre
Concello de Mugardos, para en Setembro do 2004 organizar o I CiberEncontro
Concello de Mugardos. Nese momento únese Pablo "Ping" e decidimos, sen
"normas" e dun certo modo altruista, denominarnos "Comunidade Linux o
Zulo".Con grande éxito de público, reunímonos durante 14 horas para entre outros:compartir ficheiros, experiencias...

No ano 2005 chegou a segunda edición con grande éxito de público, mais ou
menos 45 inscritos, de vilas como: Fene, A Coruña, O Grove, Vilagarcía, Ferrol. A
repercusión mediática tamén foi moito maior: entrevitas e cuñas en Radio Fene,
entrevista a Alberto na Voz de Galicia... Un dos pratos fortes foi o Servidor DC++,
que permite compartir ficheiros dun modo sinxelo, podendo chatear cos distintos
usuarios... Como olvidarnos da magnífica charla de Andrés Diaz , membro do
GPUL, acerca da seguridade informática. En fin que 48 horas deron para moito.

No 2006, de novo en Setembro , reunímonos para facer a III Edición. As novidades
mais destacadas serán: a churrascada do sábado e o MegaFTP que abriremos o
sábado pola mañá.Esta foi a edición da consolidación do Kernel, cunha gran
afluencia de público (cerca de 65 persoas).

No 2007, contamos con moita xente, que desinteresadamente, fixo posíbel una
das mellores edicións do CiberEncontro : Santos, Ales, Canas, Keko, Dorfun,
Manolo, Ales Fernández, Santi Cuñao, Kutus, Mar, Carola, Begoña, Sudac,
Randy... Fixemos unha ciber-laconada das boas,lanzamos por cuarto ano
hardware ata as nubes, e volvimos a encher de felicidade os nosos discos duros.

As edición de 2008 e 2009 seguiron a tónica xeral das anteriores edicións.Incluimos un Ciclo de Cine e por sexto ano miramos cara o ceo a ver se seguían a caer discos duros...e caeron!

A edición do 2010 é un reto.Tras uns meses de escuridade burocrática, papeleos e
moito traballo, presentamos este Kernel 2010 como o primeiro dende que somos
oficialmente "Asociación Comunidade O Zulo". Dende este pequeno lugar no
ciberespazo queremos agradecer de novo a colaboración do Concello de
Mugardos, a Concellaría de Mocidade e Cultura polo seu apoio e esforzos para
que esta actividade se poida seguir celebrando ano tras ano.

Datas de celebración
16, 17, 18 e 19 de Setembro de 2010
Participantes
86
Patrocinadores
Calsomatu, 2Ksystems, Ghandalf, Galpon Minino
Conexión a Internet
Sen definir ou 5x ADSL 3Mbps
Arquivo
Programa

XOVES 16 SETEMBRO

  • 18:00 APERTURA
  • 20:00 VOLVENDO OS 90s: SUPER NES - SEGA MEGADRIVE
  • 22:00 TORNEOS CALL OF DUTY II
  • 00:00 KERNEL PODCAST
  • 00:30 CINE: "TRON"

VENRES 17 SETEMBRO

  • 08:00 CAFE
  • 12:00 KERNEL PODCAST
  • 19:00 VOLVENDO OS 90s: CAMPIONATO CONTRARRELOXO SUPER MARIO
  • WORLD
  • 20:00 MESA REDONDA: "AS WEBS E BLOGUES DO KERNEL"
  • 22:00 TORNEOS CALL OF DUTY II & LEAGUE OF LEGENDS
  • 00:00 CAFE
  • 00:30 CINE: "TRILOXIA MATRIX"

SABADO 18 SETEMBRO

  • 08:00 CAFE
  • 11:00 SOFTWARE FREEDOM DAY 2010 - PRESENTACIÓN GALPON MININO
  • 16:30 LANZAMENTO DE HARDWARE - CAMPIONATO RELEVOS DE PCS
  • 19:00 TORNEO CALL OF DUTY II & LEAGUE OF LEGENDS
  • 22:00 CIBERCEA "PORKO BYTE"
  • 00:00 CAFE
  • 00:30 CINE : "STAR WARS: IV,V,VI"

DOMINGO 19 SETEMBRO

  • 08:00 CAFE
  • 13:00 ENTREGA DE PREMIOS TORNEOS E CONCURSO FOTOGRAFIA
  • 14:00 KERNEL PODCAST
  • 17:00 CLAUSURA