Como cada ano por estas datas é un pracer anunciar á VIII edición do Kernel 2011 - Ciberencontro Concello de Mugardos.
Polo momento só podemos confirmar as datas do evento e tódalas nosas gañas por facer desta edición do Kernel a mellor de todas.
¡Atentos á nosa conta de twitter @ozulo e o Facebook da Asociación Comunidade O Zulo!
A pequena historia do Kernel...
A historia do Kernel, remóntase a outubro de 2003 cando Alberto e Evaristo tras unhas charlas e algúns cafés deciden facer as Xornadas de Software Libre Concello de Mugardos, para en Setembro do 2004 organizar o I CiberEncontro Concello de Mugardos. Nese momento únese Pablo "Ping" e decidimos, sen "normas" e dun certo modo altruista, denominarnos "Comunidade Linux o Zulo".Con grande éxito de público, reunímonos durante 14 horas para entre outros: compartir ficheiros, experiencias...
No ano 2005 chegou a segunda edición con grande éxito de público, mais ou menos 45 inscritos, de vilas como: Fene, A Coruña, O Grove, Vilagarcía, Ferrol. A repercusión mediática tamén foi moito maior: entrevitas e cuñas en Radio Fene, entrevista a Alberto na Voz de Galicia... Un dos pratos fortes foi o Servidor DC++, que permite compartir ficheiros dun modo sinxelo, podendo chatear cos distintos usuarios... Como olvidarnos da magnífica charla de Andrés Diaz , membro do GPUL, acerca da seguridade informática. En fin que 48 horas deron para moito.
No 2006, de novo en Setembro , reunímonos para facer a III Edición. As novidades mais destacadas serán: a churrascada do sábado e o MegaFTP que abriremos o sábado pola mañá.Esta foi a edición da consolidación do Kernel, cunha gran afluencia de público (cerca de 65 persoas).
No 2007, contamos con moita xente, que desinteresadamente, fixo posíbel una das mellores edicións do CiberEncontro : Ales,Canas,Keko,Dorfun,Manolo,Ales Fernández , ,SantiCuñao,Kutus,Mar,Carola,Begoña,Sudac,Randy...Fixemos unha ciber-laconada das boas,lanzamos por cuarto ano hardware ata as nubes, e volvimos a encher de felicidade os nosos discos duros.
As edición de 2008 e 2009 seguiron a tónica xeral das anteriores edicións.Incluimos un Ciclo de Cine e por sexto ano miramos cara o ceo a ver se seguían a caer discos duros...e caeron!
A edición do 2010 foi un reto.Tras uns meses de escuridade burocrática, papeleos e moito traballo, presentamos este Kernel 2010 como o primeiro dende que somos oficialmente "Asociación Comunidade O Zulo". Dende este pequeno lugar no ciberespazo queremos agradecer de novo a colaboración do Concello de Mugardos, a Concellaría de Mocidade e Cultura polo seu apoio e esforzos para que esta actividade se poida seguir celebrando ano tras ano.
!Estade atentos á páxina web por que a edición do 2011 promete moitas sorpresas!
VENRES 16 SETEMBRO
- 18:00 APERTURA
- 22:00 TORNEOS STREET FIGHTER II
- 00:00 CAFE
SABADO 17 SETEMBRO
- 08:00 CAFE
- 12:00 SOFTWARE FREEDOM DAY 2011
- 17:00 CAMPIONATOS DE CABEZADAS NO TECLADO
- 18:00 SUPER CIBEROLIMPIADA NO CAMPO DOS CARNEIROS
- 22:00 PORKO-BYTE: LACONADA
- 00:00 TORNEOS STREET FIGHTER II
DOMINGO 18 SETEMBRO
- 08:00 CAFE
- 13:00 ENTREGA DE PREMIOS TORNEOS
- 17:00 CLAUSURA