Ciberencontro Kernel 2005

Dous anos despois das Primeiras Xornadas de Software Libre realizadas no concello de Mugardos pola Comunidade Linuz O Zulo, representada por Alberto, Pablo e Juan, xunto coa Concellaría de Mocidade; "a loita continúa".

Por un mundo de software libre e unha era da información e aplicacións públicas ao alcance de todos nós; por unha era da liberdade do coñecemento e uso social do progreso, chega xa o ciberencontro KERNEL 2005 que se realizará na Casa da Cultura de concello de Mugardos.

Un espazo aberto e gratuito para compartir unha experiencia intelectual, lúdica, e de acceso á plataforma mundial da información.

BENVID@S

Datas de celebración
23, 24 e 25 de Setembro de 2005
Participantes
40
Patrocinadores
Calsomatu S.L , EGA, Web Coruña, Eiman, INOVE
Conexión a Internet
5 ADSL 3Mbps
Arquivo
Programa

VENRES

  • 20:00 - 23:30 - Recepción

  • 22:30 - 01:00 - Acomodo, resolución de dúbidas ...

SÁBADO

  • 01:00 - 04:00 - 1ª Tanda de Xogos (Call of Dutty, ProEvolution Soccer 4)

  • 06:00 - Proxección Documental "Código Linux"

  • 08:00 - Hora do Café

  • 16:30 - Proba de lanzamento de "HardWare - Olimpic"

  • 18:30 - Conferencia sobre "Seguridade Informática: comunicacións"

  • 20:00 - 2ª Tanda de Xogos (Call of Dutty, ProEvolution Soccer 4)

  • 23:00 - Proxección Documental "Activista da Rede"

DOMINGO

  • 02:00 - 3ª Tanda de Xogos (Call of Dutty, ProEvolution Soccer 4)

  • 10:00 - Finais Xogos

  • 12:00 - Final Lanzamento de "Hardware Olimpic"

  • 15:00 - Asalto final: Campionato de Quake III

  • 20:00 - Despedida